A Fundación Amigos de Galicia recolle curriculums para traballar na vendima

Lectura:1 Minutos, 2 Segundos

A Fundación Amigos de Galicia pon en marcha un ano máis o “Programa de Inserción Laboral” – Campaña da Vendima 2020, co principal obxectivo de conseguir a inserción de persoas con dificultades para atopar traballo.

Estas persoas traballarán en diferentes adegas da zona do Salnés que colaboran coa entidade para realizar a campaña da vendima deste ano.

Para iso, Fundación Amigos de Galicia, abriu o prazo de recepción de currículos para que as persoas interesadas presenten a súa candidatura. A ligazón de inscrición para a campaña atópase na páxina web da entidade.

As persoas interesadas tamén poden presentar a súa candidatura enviando un curriculum ao correo orientacion@fundacionamigosdegalicia.org.

O prazo de recepción estará habilitado ata o 18 de agosto.

Este programa é posible grazas á colaboración das adegas, que un ano máis mostran a súa responsabilidade social cos veciños da súa comarca e que inclúen no seu persoal a usuarios das comarcas de Pontevedra e O Salnés que están inscritos na Axencia de Colocación da Entidade.

Como consecuencia da situación actual, como medida de prevención e contención do coronavirus, este ano desde a entidade non se coordinará o desprazamento en coche compartido desde Pontevedra ou os viñedos, tal e como se fixo en anteriores campañas.

Fuente: pontevedraviva

Acerca del Redactor

La Voz

"La única plataforma de comunicación sin censura para la comunidad ibero-americana" https://www.voziberica.com
Happy
Happy
0 %
Sad
Sad
0 %
Excited
Excited
0 %
Sleepy
Sleepy
0 %
Angry
Angry
0 %
Surprise
Surprise
0 %

Average Rating

5 Star
0%
4 Star
0%
3 Star
0%
2 Star
0%
1 Star
0%

Deja una respuesta

Artículo anterior ¿Unas Fuerzas Armadas ibéricas?
Siguiente publicación ¿De veras existen musulmanes moderados? La causa y efecto entre religión y el uso de la fuerza.